InicioEconomíaOs concellos de Lugo e Braga logran fondos europeos para potenciar a...

Os concellos de Lugo e Braga logran fondos europeos para potenciar a inserción laboral e o comercio local

O programa ten como meta a creación e posta en marcha dunha rede loxística de repartición en bicicletas de produtos quilómetro cero de última milla, á vez que se mellora a formación de competencias dixitais dos negocios polo miúdo e promóvense novas iniciativas nas zonas de baixas emisións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo vén de lograr fondos europeos para o desenvolvemento do proxecto europeo ‘Socilibre’, para promover a inserción laboral de colectivos en risco de exclusión social, á vez que se potencia a competitividade dos comercios locais de Lugo e da cidade portuguesa de Braga, que é a que lidera esta iniciativa social e empresarial.

O programa ten como meta a creación e posta en marcha dunha rede loxística de repartición en bicicletas de produtos quilómetro cero de última milla, á vez que se mellora a formación de competencias dixitais dos negocios polo miúdo e promóvense novas iniciativas nas zonas de baixas emisións.

O edil de Dinamización Económica do Concello de Lugo, Mauricio Repetto, sinala que con este proxecto apostan “pola mobilidade sustentable e polo estudo de novos nichos de mercado, á vez que se favorece a formación e a inserción laboral de persoas que se atopan en risco de excusión social”.

O proxecto europeo está dotado con 436.000 euros, dos que o 75 %, uns 326.900 euros, están achegados por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Os outros preto de 109.000 euros serán achegados polos sete beneficiarios do proxecto, que se desenvolverá ata o 31 de decembro de 2025, no marco do programa Interreg V-A España-Portugal 2021-2027.

De entre as institucións e administracións que integran o partenariado, a de Lugo é a que recibe un maior orzamento, con 148.612 euros, dos que 111.459 están achegados por fondos FDEDER e os 37.153 euros restantes serán cofinanciados polo goberno local nas anualidades de 2024 e 2025. Ademais dese sete socios de proxecto, dentro do partenariado figuran como beneficiarios sen achega económica o Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA); a Asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular; e a Asociación Portuguesa de Loxística, APLOG.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...