InicioMedioambiente e PatrimonioA planta que Altri proxecta en Palas de Rei será a primeira...

A planta que Altri proxecta en Palas de Rei será a primeira que integre os 2 procesos necesarios para producir Lyocell

O director de produción de Altri defende a garantía ambiental do proxecto nunha sesión docente na USC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A planta que Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, proxecta en Palas de Rei, será a primeira que integre os dous procesos necesarios para a produción de Lyocell, unha fibra téxtil de base celulósica 100 % biodegradable. Así o sinalou o director de Produción de Altri, Pedro Baptista, no transcurso dunha sesión docente que impartiu no Máster de Enxeñaría Química e Bioprocesos da Facultade de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela.

Baptista reivindicou que Altri utilizará as tecnoloxías máis avanzadas do mercado para garantir que os procesos empregados na fábrica de fibra téxtil que prevé pór en marcha en Galicia non só cumpran todos os requisitos ambientais esixidos pola lei, “senón que vaian máis aló”. El dixo que o Lyocell ten unhas propiedades que a converten nunha alternativa sustentable a outras fibras como o poliéster ou, mesmo, o algodón. “Este proceso integrado permite reducir ao mínimo a pegada de carbono, coa xeración de 0,1 toneladas de dióxido de carbono (CO2) por cada tonelada de Lyocell producida, fronte ás 6 toneladas xeradas na produción dunha de algodón e ás 12 dunha tonelada de poliéster“, reivindicou a firma nun comunicado.

DOUS PRODUTOS

Así, nun proceso baseado na economía circular, Altri pretende fabricar dous produtos finais a partir da madeira do eucalipto, ambos de base celulósica e, por conseguinte, totalmente biodegradables. Un deles son as fibras solubles para aplicacións téxtiles, que se venderán soamente a industrias do sector téxtil, e outro o Lyocell, unha fibra téxtil que se producirá utilizando directamente o primeiro produto como materia prima. Todo iso a partir de madeira de eucalipto galego certificado, nun proceso libre de cloro, de produtos tóxicos e de orixe fósil.

Pedro Baptista explicou que a planta será autosuficiente desde o punto de vista enerxético, xa que toda a enerxía necesaria para cubrir as súas necesidades obterase a partir do vapor de alta presión xerado nunha caldeira que queimará a parte da biomasa forestal non apta para a produción de fibras. A enerxía sobrante enviarase á rede. “Ademais, os gases xerados por esta combustión serán tratados antes de ser liberados á atmosfera para garantir o estrito cumprimento de todos os parámetros e concentracións esixidos pola lei”, subliñou.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...