Un estudo realizado en 21 municipios galegos invadidos pola vespa asiática evidencia que as trampas de cebo teñen “taxas de captura e selectividade relativamente baixas” e representan unha “ameaza potencial” para os insectos nativos, sendo os métodos caseiros os menos eficaces. So o 0,90 por cento dos insectos atrapados son velutinas.
A eficacia das trampas de cebo para controlar a invasora vespa velutina está moi cuestionada. Científicos galegos estudaron o rendemento destas trampas e atoparon que os exemplares da avespa asiática representaron menos do 1 por cento de todas as capturas, o que “reflicte a baixa selectividade do método”, que “constitúe unha ameaza adicional para os insectos nativos”, advirten os investigadores.