InicioLugo e contornaOuteiro de ReiO persoal de Capsa levará a xuízo á empresa por "incumprimento do...

O persoal de Capsa levará a xuízo á empresa por “incumprimento do convenio”

O secretario comarcal da FGAMT-CIG, Christian López, asegura que "se nega a cumprir coa cláusula de revisión dos salarios conforme ao IPC real recollida no convenio colectivo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadores de Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa) concentráronse este luns en Lugo coincidindo co acto de conciliación pola demanda presentada contra a empresa por suposto incumprimento das garantías salariais do convenio colectivo.

A conciliación, segundo informa a CIG a través dun comunicado de prensa, terminou sen acordo, polo que “agora o proceso de reclamación continuará na vía xudicial”.

O secretario comarcal da FGAMT-CIG, Christian López, tacha de “ruin” a actitude de Capsa ao asegurar que “se nega a cumprir coa cláusula de revisión dos salarios conforme ao IPC real recollida no convenio colectivo”.

Asegura que a empresa aplicou nas táboas o incremento acordado para 2022 “pero queda pendente de aplicar a diferenza co IPC final dese ano”.

Para os traballadores, advirte, “resulta gravísimo este incumprimento, nun momento no que o custo da vida está disparado”.

Á espera do xuízo, o persoal non descarta retomar as mobilizacións en defensa dos seus dereitos salariais.

O portavoz ve “impresentable” que un grupo “de base cooperativa que comercializa marcas tan coñecidas como Larsa, Central Leiteira Asturiana e ATO, que declara enormes beneficios (…) ignore as condicións pactadas”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...