InicioEconomíaConcentración en Vilalba para denunciar que a venda a perdas de carne

Concentración en Vilalba para denunciar que a venda a perdas de carne

"É un sector que sofre moitísimo a crise pola subida dos custos de produción e por uns prezos conxelados desde hai 30 anos", sinala o Sindicato Labrego Galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG) convoca este xoves unha concentración en Vilalba para denunciar que se segue producindo carne a perdas.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, advertiu que, cos datos oficiais do estudo que encargou a Consellería de Medio Rural á Fndación Juana de Vega, “estipúlase que os prezos estarían ao redor de 6,20 euros” por quilo de carne. Por iso, “todo o sector está a venderse a perdas e coa lexislación vixente sería unha auténtica ilegalidade”.

A líder do Sindicato Labrego afirmou que “o sector da carne é vital para moitas zonas do interior e da montaña en Galicia”. “É un sector que sofre moitísimo a crise pola subida dos custos de produción e por uns prezos conxelados desde hai 30 anos”, subliñou.

Isabel Vilalba destacou que o da carne é “un sector que, por exemplo, se considerou prioritario no principio do ano, pola súa dificultade, pero o que se ve é que non se toman medidas efectivas”.

“En relación aos prezos considerabamos que debía de haber compromisos firmes de revalorización porque é un produto de enorme calidade. Aí está Tenreira Galega, que nos últimos anos se asentou con Tenreira Galega Suprema, que son animais que están nos pastos, coas súas nais, e correspóndese coa calidade e o benestar animal que demanda a sociedade”, sinalou.

Finalmente, volveu invocar a “necesidade” de que se concreten “axudas” a un sector con “serios” problemas en canto a rendibilidade e viabilidade.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...