InicioLugo e contornaLugoPatronal de Lugo: "a folga do transporte está afogando a todos os...

Patronal de Lugo: “a folga do transporte está afogando a todos os sectores da provincia”

A Confederación de Empresarios de Lugo demanda rebaixas fiscais e un cambio no modelo enerxético.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, asegurou que a patronal está “moi preocupado” pola situación de todos os sectores produtivos da provincia. A folga do transporte, que a industria deixe de recoller leite ou o posible amarre da frota, están “a lastrar” e “afogando” a todos os sectores da provincia, sinala.

O secretario xeral da CEL reclama medidas “inmediatas” e “non expor só a vontade de que se van a tomar”. “Hai que tomalas inmediatamente”, subliña. “Estamos a ver ese encarecemento dos custos de combustible que fan insustentable a actividade dos transportistas e estes, coa súa paralización, están a parar toda a nosa actividade, sobre todo en sectores como o agroalimentario ou ao sector pesqueiro ao que fai moito dano este paro”, alertou.

Ante este contexto, Jaime López reclama unha “rebaixa clarísima dos custos fiscais de combustible” así como un “cambio” no modelo enerxético. O secretario xeral da CEL asegura ser consciente de que a alza dos prezos do combustible e a enerxía “afecta a toda a poboación”.

“Isto chega tamén ao propio cidadán desde o punto de vista de custos enerxéticos, mesmo con derramas para poder manter a calefacción nas comunidades. Isto afecta a todos os sectores, moi dependentes do enerxético e España é dependente enerxético porque é o terceiro país da Unión Europea máis importador de enerxía e esta é a cuestión que temos que resolver”, finalizou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...