InicioEconomíaMobilizacións en Vilalba e Outeiro de Rei para o vindeiro xoves para...

Mobilizacións en Vilalba e Outeiro de Rei para o vindeiro xoves para pedir “prezos xustos” para o leite

De feito, este mesmo xoves, a Secretaría Xeral do SLG trasladou a Unións Agrarias (UUAA) unha proposta para que a protesta de Vilalba, que se celebrará ante a sede de Lactalis, teña unha intención "unitaria" e poida ser apoiada "pola totalidade do sector".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Colectivos como o Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Agraria de Galicia (Asaga) chaman aos gandeiros a mobilizarse de novo o vindeiro xoves, 11 de novembro, nos municipios lucenses de Vilalba e Outeiro de Rei para esixir “prezos xustos” para a produción de leite.

De feito, este mesmo xoves, a Secretaría Xeral do SLG trasladou a Unións Agrarias (UUAA) unha proposta para que a protesta de Vilalba, que se celebrará ante a sede de Lactalis, teña unha intención “unitaria” e poida ser apoiada “pola totalidade do sector”.

Trátase dunha “proposta de mínimos” que o sindicato sintetiza en seis puntos. Entre eles, a intención de alcanzar “de inmediato un prezo que cubra os custos de produción” e que “permita vivir ás granxas”.

Neste sentido, esixe a convocatoria urxente da Mesa do Leite por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta, que ten “a obrigación moral de tentar todas as vías posibles” para garantir a viabilidade dos produtores.

O SLG tamén reclama á Administración que desenvolva “referencias de custos de produción” que fagan “real” a prohibición das vendas a perdas que recolle a futura lei estatal da cadea alimentaria.

Ademais, o seis puntos propostos a UUAA recollen un sistema de mediación que evite que os contratos sexan de adhesión, un veto a que os operadores poidan comprar leite se non teñen aval suficiente para pagala, así como unha liña de traballo “urxente” coas administracións para reducir custos e impedir tanto a especulación coas materias primas como as tarifas eléctricas que penalizan a produción.

MOBILIZACIÓNS NOUTRAS CCAA

Pola súa banda, a Asociación Agraria de Galicia enmarca estas mobilizacións en paralelo ás que as súas entidades irmás convoca en datas similares para Castela e León, Andalucía e Cantabria. O obxectivo destas protestas é esixir ás industrias lácteas e ás distribuidoras “que recoñezan a subida de custos e deixen de presionar e afogar ao primeiro elo da cadea”.

Neste contexto, a xunta directiva de Asaga chama ás administracións a “reforzar os controis” para que a lei de cadea alimentaria aplíquese “de forma eficaz”, dado que nestes momentos “as industrias lácteas seguen tendo a tixola polo mango e impoñen condicións inasumibles aos gandeiros”.

“Por ese motivo imos volver a alzar a voz, para esixir a todos, Administracións, industrias e cadeas da distribuciónm que entendan e fáganse cargo da situación que atravesa o sector”, engade.

ÚLTIMAS

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...