InicioEconomíaLugo Monumental, á hostalaría: "Hai que unirse para pedir á Xunta que...

Lugo Monumental, á hostalaría: “Hai que unirse para pedir á Xunta que abra a man”

Latorre demanda que as terrazas teñan un aforamento do "100%" e pide aumentos no interior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación Lugo Monumental, Luís Latorre, apelou á unidade da hostalaría para reclamar á Xunta que “abra a man” cos aforamentos no sector, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tombase a esixencia de presentación do certificado covid para acceder ao interior de locais.

Latorre insistiu en que demandará á Xunta que “as terrazas teñan un aforamento ao cento por cento, porque se entende que no exterior sempre que as mesas respecten a distancia regulamentaria non hai ningún tipo de perigo” e pedirá ademais “que se aumenten aforamentos no interior”.

O presidente da asociación invocou “os datos que din que nin sequera un catro por cento da poboación se contaxiou na hostalaría“. “Cando hai un botellón e hai contaxios nun botellón péchase a hostalaría, cando hai contaxios nunha reunión familiar péchase a hostalaría, cando a hostalaría non é o culpable de todo isto“, clamou.

Ten claro que “hai que adaptarse á realidade” e advirte de que “a presión hospitalaria desta quinta onda non ten nada que ver coas anteriores, co que as vacinas están a funcionar”. “Como a situación é diferente hai que adaptarse a esta nova situación; sen minimizar os riscos e sen minimizar os danos entendemos que hai que adaptarse e abrir a man e adoitarse a vivir con este virus”, subliña.

Tras o fallo do TSXG, Luís Latorre expuxo que “é un mazazo para moitos, pero non é unha cuestión de canta xente ou non está de acordo; a legalidade é a que é e se unha cousa non é legal non se pode aprobar”. “Agora hai que unirse para reclamar á Xunta que abra a man cos aforamentos para que a xente poida traballar con normalidade e cousas de sentido común, porque non se pode diferenciar a un local doutro pola licenza”, concluíu Latorre.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...