InicioEconomíaA Xustiza recoñece a relación laboral de 105 falsos autónomos de Frigolouro...

A Xustiza recoñece a relación laboral de 105 falsos autónomos de Frigolouro en Lugo

Segundo CCOO-Industria, a fraude polo uso dos falsos autónomos no sector cárnico é "millonaria".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Social n.º 1 de Lugo acaba de ditar unha sentenza que recoñece a relación laboral de 105 falsos autónomos que prestaban servizos para Frigolouro en Lugo. Trátase dunha nova vitoria dos servizos xurídicos de CCOO, que hai máis de tres anos iniciou unha intensa campaña contra a figura dos falsos autónomos no sector cárnico. Grazas a ela logrouse regularizar a situación de centos de traballadores e traballadoras en todo o Estado, tamén en Galicia.

Estes falsos autónomos prestaban o seu servizo como “socios cooperativistas” de Servicarne para a empresa Frigolouro, pero en instalacións adscritas a Novafrigsa. As dúas últimas empresas pertencen ao Grupo Coren, mentres que a primeira perdeu en 2019 a condición de cooperativa grazas á acción sindical e xurídica de CCOO.

Ao longo de 45 páxinas, a sentenza declara probada a relación laboral entre os falsos autónomos e o Grupo Coren. De feito, a propia Coren xa os asumiu no seu cadro de persoal no 2019.

FRAUDE

A sentenza abre a porta a unha reclamación económica contra Servicarne e Coren polas cotas de autónomos indebidamente pagadas nos últimos catro anos, así como polas cotizacións que deixou de percibir a Seguridade Social —motivo este polo que a Tesouraría Xeral foi parte demandante.

Segundo CCOO-Industria, a fraude polo uso dos falsos autónomos no sector cárnico é “millonaria”. No caso que ocupa esta sentenza, só as cotas de autónomos que as empresas deberían devolver aos 105 ex cooperativistas “poderían supoñer millón e medio de euros”, e bastante máis as cotizacións que haberá que aboar á Seguridade Social, “que se incrementarán cun recargo do 20 %”, apuntan desde o sindicato.

FRIGOLOURO

A sección sindical de CCOO en Frigolouro no Porriño piden tamén que se faga xustiza coas súas reivindicacións, moi similares ás que motivaron a denuncia de Lugo. Lembran que se trata “Do mesmo modo de traballo, a mesma cooperativa, os mesmos procedementos e incluso o mesmo director de recursos humanos, que tivo que prestar declaración no xuízo de Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...