Home Economía A Deputación inicia as obras de mellora da vía provincial que une Sober e Doade

A Deputación inicia as obras de mellora da vía provincial que une Sober e Doade

0
A Deputación inicia as obras de mellora da vía provincial que une Sober e Doade
O presidente da Deputación, José Tomé, en rolda de prensa

A Deputación de Lugo iniciou esta semana os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-5903, vía que conecta os núcleos de Sober e Doade, nos que dedica un investimento de preto de 100.000 euros.

En concreto, a actuación centrarase na renovación do tramo comprendido entre os puntos quilométricos 13 e 13,740, ampliando a plataforma ata lograr unha anchura de 5,5 metros.

O prazo de execución das obras será de 9 meses aínda que a previsión é que os traballos conclúan nas próximas semanas no caso de que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

+ posts