InicioEconomíaA Deputación conta con mobilizar medio millón de euros co programa de...

A Deputación conta con mobilizar medio millón de euros co programa de bonos ao comercio e o turismo

O prazo para a solicitude destes bonos quedará aberto aos cidadáns de Lugo unha vez peche o período de adhesión dos negocios, como apunta o goberno que encabeza José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo estima mobilizar máis de medio millón de euros a través do seu programa de bonos para incentivar o consumo nos comercios e nos establecementos turísticos da provincia, ao que se adheriron xa 369 negocios.

Este martes, o presidente da Diptuación de Lugo, José Tomé, e outros membros do seu goberno visitaron varios establecemento do barrio da Milagrosa, na cidade de Lugo, que xa se uniron a este programa de descontos cos que a deputación quere reactivar a economía da provincia.

O programa, presentado hai semanas polo propio Tomé en rolda de prensa, repartirá 6.000 bonos nominativos por valor de 30 euros que deberán ser gastados nunha compra de, como mínimo, 60 euros.

Os propietarios dos establecementos lugueses poden solicitar participar na iniciativa de descontos no espazo habilitado na páxina web da deputación ata o 25 de maio.

O programa, segundo explica o goberno provincial, está orientado a “todos” os establecementos da provincia, incluídos locais de hospedaxe e servizos. Con todo, quedan fóra do programa de descontos as compras de lotaría, bebidas alcohólicas non alimentarias e tabaco.

O prazo para a solicitude destes bonos quedará aberto aos cidadáns de Lugo unha vez peche o período de adhesión dos negocios, como apunta o goberno que encabeza José Tomé.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...