InicioEconomíaO Concello de Lugo disporá de nova ordenanza urbanística para "axilizar" os...

O Concello de Lugo disporá de nova ordenanza urbanística para “axilizar” os procedementos

A alcaldesa de Lugo apelou á necesidade de facer "unha revisión en profundidade, que permita a adecuación ás normas e disposicións en materia urbanística e medio ambiental".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Álvaro Santos, anunciaron este luns en rolda de prensa que a cidade, antes de que conclúa o ano, disporá dunha nova ordenanza reguladora para licenzas urbanísticas.

En rolda de prensa, Méndez precisou que se trata dun documento que queren “que sexa o marco normativo de referencia tanto para a administración como para os administrados, harmonizando e unificando criterios que rexerán a tramitación dos títulos habilitantes de obra e actividade no concello”. “Esta medida, xunto coa ordenación previa de persoal sobre a que se traballa, será chave e imprescindible para incrementar a eficacia dos servizos municipais“, resumiu.

Ademais, Méndez apelou á necesidade de facer “unha revisión en profundidade, que permita a adecuación ás normas e disposicións en materia urbanística e medio ambiental e que propicie a axilización dos procedementos e diminuíndo os tempos de resposta“. “Entre os propósitos da ordenanza está fomentar e impulsar a participación cidadá“, esbozou a alcaldesa, que avanzou que se abre un período de 15 días para que se fagan “achegas” por parte dos veciños da cidade.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Álvaro Santos, puxo o acento en que se busca unha regulación “máis rigorosa e transparente”, ademais de que se aceleren os tempos de resposta. Así, concretou que o pasado ano “foron 4.865” os documentos que se presentaron e 2.990 procedementos, dos que se resolveron “1.929, o que supón máis dun 64 por cento sobre o total”, matizou. Tamén se persegue alixeirar “os prazos” e encaixar as peticións de licenza “o máis próximo” ao tres meses que indica a lei, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...