InicioEconomíaLugo activa un plan de formación para que 1.120 lucenses atopen traballo

Lugo activa un plan de formación para que 1.120 lucenses atopen traballo

A xunta de goberno aprobou as bases de contratación deste programa, co que pretenden incrementar as oportunidades laborais da cidadanía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou hoxe as bases dun “ambicioso plan de formación” co que a administración local pretende mellorar a capacitación laboral de 1.120 lucenses para que atopen traballo ou melloren o seu emprego actual.

Segundo informou o propio Goberno local, quedaron aprobadas as bases de contratación deste plan, dividido en catro lotes, dado que unha parte fai referencia a contidos sociosanitarios, outro á creación de páxinas web, o terceiro para mellorar a competencia dos alumnos en lingua e matemáticas e, por último, formación en liña.

O Concello de Lugo realizará un investimento de 152.000 euros nesta iniciativa, que enmarca na estratexia de recuperación económica do municipio, que o propio Goberno local cifra en máis de 20 millóns de euros.

As empresas adxudicatarias deben comprometerse a realizar, polo menos, unha acción de sensibilización en materia de igualdade e axustar o horario lectivo para propiciar a conciliación da vida familiar do alumnado.

“O noso obxectivo é proporcionar á cidadanía maiores oportunidades laborais, adaptadas ás novas condicións do mercado actual, favorecendo a súa promoción profesional e fomentando a súa inserción”, explicou a alcaldesa, Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...