InicioSociedadeLugo activará en abril unha nova liña de axudas para hostalaría e...

Lugo activará en abril unha nova liña de axudas para hostalaría e comercio

Destinarase algo máis dun millón de euros e os beneficiarios poderán optar a subvencións de ata 1.000 ou 2.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este luns a posta en marcha dunha nova liña de axudas do Concello, dotada con algo máis dun millón de euros, e destinada aos sectores máis prexudicados pola pandemia, a hostalaría e o comercio.

Trátase, lembrou, do “un por cento” do orzamento municipal, que se comprometeu con aquelas “actividades económicas máis prexudicadas” na negociación coa Xunta de Galicia entre municipios, Deputacións e Administración galega.

Méndez asegurou que o Concello de Lugo foi o primeiro de Galicia que sacou axudas para a reactivación económica no marco do programa Reanima, que se dotou con cinco millóns de euros e que chegaba a “3.300 beneficiarios”.

A cantidade agora consignada distribúese en “dúas liñas directas”, unha para “hoteis, aloxamentos, bares, restauración ou creación artística e literaria”, na que as empresas de máis de cinco traballadores poderán acceder a 2.000 euros e aquelas de menos de cinco traballadores ata 1.500 euros.

Unha “segunda liña” vai dirixida a aquelas actividades con peches “parciais”, na que se incluiría o comercio ou ximnasios, para o que se van a entregar 1.000 euros.

Lara Méndez anunciou que se porán en marcha “na terceira semana de abril” e que irán á Xunta de Goberno o mércores da próxima semana. A estas subvencións só se poderá acceder por “vía electrónica”.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...