InicioEconomíaUnha empresa lucense faise co Premio EmprendedorXXI en Galicia

Unha empresa lucense faise co Premio EmprendedorXXI en Galicia

Data Monitoring é unha compañía de base tecnolóxica que ofrece solucións integrais para o control das máquinas e procesos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa lucense Data Monitoring vén de gañar os Premios EmprendedorXXI en Galicia, impulsados por CaixaBank e Enisa co apoio do Igape. O fallo dos galardóns deuse a coñecer hoxe na Dayone Innovacion Summit JUNTOS XXI, un evento para recoñecer as startup con maior potencial.

Data Monitoring, que está asentada no edificio CEI-Nodus de Lugo, é unha compañía de base tecnolóxica que ofrece solucións integrais de control de máquinas e procesos, a través do Big Data e da Internet das Cousas.

O premio inclúe unha dotación económica de 5.000 euros, o acceso a un programa de formación internacional organizado por ESADE en colaboración con expertos de Silicon Valley e mentoring especializado.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...