InicioEconomíaMáis de 1,1 millóns de perdas pola praga de ratas que afecta...

Máis de 1,1 millóns de perdas pola praga de ratas que afecta a nove concellos lucenses

O sindicato Unións Agrarias estima que hai máis de 1.600 hectáreas danadas e alerta sobre os perigos para as explotacións, cuxos custos se viron incrementados ao ser inservible a súa superficie de pasto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, estimou en máis de 1,1 millóns de euros os danos causados polas ratas toupa en nove concellos da provincia de Lugo, sobre todo da montaña.

Segundo comentou, trátase dunha “praga” que se denunciou en 2019 e que afectaba os municipios de Triacastela e Pedrafita e que se acabou estendendo a Baralla, As Nogais, Cervantes, O Courel, Navia de Suarna, Samos e Becerreá.

A Consellería de Medio Rural cifra en 1.600 as hectáreas afectadas, aínda que “de seguro que son máis”. Por cada hectárea, perderíanse “700 euros” en forraxe e pasto, polo que o cómputo daría unhas perdas de 1.120.000 euros, segundo estimacións do sindicato agrario.

“Vai haber algunha explotación que ao ter toda a súa superficie afectada a situación é moi delicada porque terán que comprar fóra toda a alimentación, co cal se disparan os custos.  Ademais, o prezo da carne xa baixou un 20 por cento durante a pandemia. A esas explotacións ou lles damos unha solución de forma inmediata ou pechan“, alertou.

Roberto García protestou porque lembra que hai dous anos que se denunciou este problema, “e xa vai pola terceira colleita de herba que se vai perder sen que haxa ningunha actuación da administración” autonómica.  Así mesmo, afeou que a día de hoxe “son máis de 3.000 parcelas afectadas, máis de 1600 hectáreas sen que se tomara ningunha decisión nos últimos 24 meses”.

“Cremos que pasou o tempo suficiente para que se arbitrase algunha medida. Xa expuxemos que se non se ofrece ningunha solución, que haxa compensacións aos gandeiros afectados”, concluíu o scretario xeral de Unións Agrarias.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...