InicioEconomíaLugo aproba un orzamento de algo máis de 106 millóns para o...

Lugo aproba un orzamento de algo máis de 106 millóns para o 2021

Estas contas, presentadas como "expansivas" polo bipartito, tiveron o voto negativo do PP e Ciudadanos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O goberno bipartito do Concello de Lugo sacou adiante hoxe nun pleno extraordinario un “orzamento expansivo” para o ano 2021, que suma máis de 106 millóns de euros, o que supón un incremento do 6,5% en relación co actual exercicio. Buscan, din, a reactivación económica e a xeración de emprego nun tempo marcado pola “crise económica provocada pola crise sanitaria”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez (PSdeG),  lembrou que o orzamento para o próximo exercicio económico será o máis elevado dos últimos anos, precisamente para responder a unha situación “excepcional” provocada pola pandemia.

DISTRIBUCIÓN DAS PARTIDAS

“A súa finalidade será contribuír a que o municipio saia reforzado da crise social e económica na que está a derivar a pandemia”, aclarou, de modo que da cifra total (106’4 millóns), 31,2 millóns están dedicados precisamente a políticas sociais, mentres que outra partida de 5,3 millóns de euros irá destinada a axudas para “autónomos e emprendedores”. As contas municipais tamén reservan unha partida de case quince millóns de euros para investimentos, o que supón, aclarou, ao redor dun 40% máis que no exercicio en curso.

“A ampliación dos espazos peonís, a creación de novas urbanizacións, zonas verdes, parques infantís, áreas de esparcimento e deportivas, a mellora do patrimonio e da conectividade do municipio, da mobilidade e da iluminación pública, tanto da cidade como da zona rural, son algúns dos aspectos nos que terán incidencia estas contas”, dixo Méndez.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Rubén Arroxo (BNG), valorou que son uns orzamentos “expansivos e necesarios”, porque en momentos de crise económica, as administracións teñen que facer “grandes investimentos”.  Arroxo afirmou que o Concello de Lugo non quere caer “nos erros” doutras administracións, que optaron por “retrotraerse” noutros momentos de crises. Co investimento municipal, engadiu, contribúese á “creación de emprego”, á “estabilización do existente” e tamén a mellorar a cidade.

‘NON’ DO PP E C’S

Os dous partidos da oposición, PP e Ciudadanos, votaron en contra das contas presentadas polo bipartito.

De feito, o Partido Popular acusou a PSOE e BNG de “inmorais” por aprobar uns orzamentos que “favorecen a subida dos seus soldos e a compra de coches oficiais de alta gama”. Segundo o portavoz do PP, Ramón Carballo, “o falso progresismo de Méndez e Arroxo” quedou “ao descuberto coa toma destas decisións indecentes en plena pandemia e cando hai moitas familias pasando por graves dificultades para saír adiante”.

Ademais, lembrou que estes orzamentos “incrementan o gasto corrente en 2,5 millóns de euros” e reducen a un “ridículo 15% os investimentos”. Tamén supoñen, dixo, “unha hipoteca para os lucenses a conta do crédito de 7 millóns que van pedir e polo que pagaremos 1 millón de euros de intereses”.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...