InicioSociedadeO comercio de Lugo sae á rúa e reparte premios

O comercio de Lugo sae á rúa e reparte premios

Os establecementos da rúa do Progreso colocarán stands cada mércores e ofrecerán descontos aos clientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comercio da rúa do Progreso, en Lugo, sae á rúa os ‘Supermércores’. Así se chama a iniciativa a través da cal o Concello e a asociación Lugo Monumental colaboran para apoiar os negocios desta céntrica vía durante o Nadal.

En vista do éxito obtido pola actividade dos “Supermartes” organizada na rúa da Raíña durante o mes de outubro e novembro, agora preténdese seguir a mesma liña noutros puntos da cidade. Cada mércores, os establecementos adheridos á iniciativa colocarán stands cos seus produtos na rúa e ofrecerán descontos e promocións aos clientes.

10.000 EUROS EN PREMIOS

Por outra banda, a Deputación de Lugo e a Federación de Comercio asinaron un convenio de colaboración polo cal o ente provincial destina 52.000 euros á entidade para a campaña ‘Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti. Comercio de Lugo Seguro, Nadal Seguro’.

O proxecto procura incentivar as compras nos comercios de proximidade da provincia a través de premios por un valor total de 10.000 euros. O presidente da Deputación, que sostivo que esta colaboración sempre foi “importante”, destacou que este ano é “fundamental e imprescindible” polo forte impacto da crise sanitaria e económica.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...