InicioEconomíaAs provincias de Lugo e Ourense lideran a suba do paro no...

As provincias de Lugo e Ourense lideran a suba do paro no mes de outubro en Galicia

A comparativa anual deixa 2.013 persoas paradas máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu no mes de outubro en 4.733 persoas en Galicia respecto do mes anterior,  de forma que situou o total en 181.307 persoas, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social. As provincias de Lugo e Ourense lideran a suba do paro en termos relativos en Galicia, con incrementos do 3,67% e do 3,85% respectivamente.

Na comparativa anual, o desemprego en Galicia é en outubro de 2020 un 10,35% superior ao que había durante o mesmo mes de 2019, isto é, 17.000 persoas máis en paro.

Tamén na evolución anual, pero agora en termos absolutos, son 2.013 parados máis en Lugo,  8.921 máis na Coruña, 4.328 en Pontevedra e 1.738 en Ourense. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

A Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida nunha semana

A Policía Local de Lugo detectou a 382 coches que circulaban a máis velocidade...

Un total de 300 usuarios en municipios de menos de 20.000 habitantes atendidos en nove residencias da Deputación de Lugo

A proximidade, a atención personalizada e a calidade asistencial definen o modelo de residencias...