InicioEconomíaPresentan unha guía en Lugo para que traballadores e empresarios "coñezan o...

Presentan unha guía en Lugo para que traballadores e empresarios “coñezan o virus”

Foi presentada polo deputado de promoción económica, Pablo Rivera, e o tesoreiro da Confederación de Empresarios de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha guía práctica elaborada pola confederación de empresarios de Lugo coa colaboración da Deputación axuda a traballadores e empresas a previr e afrontar a covid-19.

A publicación foi presentada este martes polo deputado de promoción económica, Pablo Rivera, o tesoureiro da organización patronal luguesa, Jorge Somoza, e o especialista en medicina do traballo Santiago Díaz. O documento recolle unha recompilación de documentos técnicos que o Ministerio de Sanidade ha ido publicando ao longo do desenvolvemento da pandemia.

Segundo destacou Pablo Rivera, é unha guía “pensada como unha ferramenta práctica para que os traballadores e as empresas coñezan o virus e saiban como afrontalo e previlo“.

O coordinador da guía, Santiago Díaz, resaltou que o traballo se iniciou en maio para contar con “información precisa para asesorar ás empresas” e que se actualizou en setembro, en plena segunda onda, dadas as “novas evidencias” e o avance no coñecemento sobre a enfermidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...