InicioEconomíaO presidente dos hostaleiros chama á "insubmisión fiscal" ante a falta de...

O presidente dos hostaleiros chama á “insubmisión fiscal” ante a falta de axudas

Cheché Real reivindica a seguridade dos locais e pide que se lles deixe traballar para non acabar na "ruína inmediata".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, fixo este luns un chamamento á “insubmisión fiscal” ante a falta de axudas no sector para afrontar a pandemia pola Covid-19.

“Estamos cabreados, estamos cansos, estamos indignados porque se están cargando as tintas contra un sector que é un exemplo de cumprimento da normativa e os protocolos hixiénico sanitarios. Séguense cargando de medidas restritivas e limitacións pero non chega ningunha axuda”, manifestou.

“Seguimos pagando as cotas á Seguridade Social, o IRPF, seguimos pagando as hipotecas, a luz, a auga, seguimos pagando todo tipo de cotas e isto é inasumible e condúcenos ao sector da hostalaría a unha ruína inmediata“, destacou.

Por todo iso, chama a “a insubmisión fiscal”, dado que “non” poden “seguir pagando impostos” cando “non” lles “deixan traballar”. Reivindica a seguridade dos locais hostaleiros e lembra que os datos oficiais sitúan “en torno ao 3%” a transmisión do coronavirus neste sector, unha porcentaxe moi inferior á que se dá no transporte, oficinas públicas ou reunións familiares e de amigos.

UN PECHE SEN TEMPO PARA PREPARARSE

Ademais afeou o que ocorría o venres co peche impulsado pola Xunta nas sete grandes cidades galegas, cuxo aviso chegou apenas tres horas antes de entrare en vigor. “As reservas xa estaban feitas, as mercadorías compradas. Non nos respectan o máis mínimo”, lamentou.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...