InicioEconomíaGalicia podería perder 200 millóns en axudas da PAC se se executa...

Galicia podería perder 200 millóns en axudas da PAC se se executa o recorte do 10% que pide a UE

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia perderá 200 millóns de euros procedentes da política agraria común (PAC) no novo período (2021-2027) respecto do recibido no actual (2014-2020) se se aplica de forma proporcional ás comunidades autónomas o recorte previsto, situado en torno ao 10%. Sería “unha hecatombe” para o sector, en palabras do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte.

Así se pronunciou Balseiros Guinarte a preguntas da deputada do PP Elena Candia, na comisión de agricultura, na que a popular se interesou polos fondos, en concreto para a provincia de Lugo, e mostrou o “rexeitamento” do seu grupo a que finalmente se materialice “un recorte” no orzamento da PAC.

Pola súa banda, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias advertiu de que se está “nun momento crucial” e “tremendamente importante en canto ao posible resultado” desta política comunitaria. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...