InicioEconomíaOs gandeiros, indignados polo baixo prezo da carne en orixe: "É unha...

Os gandeiros, indignados polo baixo prezo da carne en orixe: “É unha manobra especulativa da industria”

Unións Agrarias convocou unha concentración ás portas do Lidl, en Lugo, para denunciar a "situación de emerxencia" das explotacións, que venden "por baixo dos custos de produción" mentres nos supermercados non houbo un abaratamento da carne.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Varias decenas de gandeiros e responsables do sindicato Unións Agrarias (UU. AA) concentráronse hoxe ante o hipermercado Lidl da Avenida Infanta Elena (Lugo) para reclamar “solucións á situación de emerxencia dos produtores de vacún de carne da provincia. A “caída de prezos en orixe e o peche de canles de comercialización” póñenos en apuros.

En declaracións a EFE, o responsable de Producións Extensivas de UU.AA, José Ramón González, asegurou que nestes momentos a “gandería extensiva” en “zonas desfavorecidas ou de montaña” está “en serio risco”, porque as explotacións están a producir “por baixo dos custos de produción”.

“UN INSULTO Á INTELIXENCIA”

Desde o seu punto de vista, a “industria” iniciou unha “manobra especulativa” nada máis “empezar a pandemia”, porque aplicou unha rebaixa do prezo en orixe, cifrado polo sindicato entre “un 25 e un 30%”, co argumento de que ao permanecer pechados os locais de restauración tiña dificultades para “vender as partes máis nobres do animal”., como o costeleiro, que son as que teñen un maior valor comercial”.

Grazas a esa decisión, as partes máis valiosas do animal, como o costeleiro, “sáenlle practicamente gratis á industria”. Con todo, dixo José Ramón Gónzalez, esa rebaixa do prezo en orixe “en ningún momento se trasladou ao consumidor” e é “un insulto á intelixencia” ver como os gandeiros venden “por baixo de custos de produción”, mentres “un quilo de costeletas se vende a 16 euros nos lineais”.

APOSTA POLA CARNE GALEGA

González precisou que o sindicato decidiu facer esta concentración ante unha das tendas de Lidl porque nesta cadea non atoparon “nin unha soa referencia de carne galega”. “Que en Galicia haxa supermercados que importen vacún de Holanda ou Bulgaria é un insulto”, lamentan dende Unións Agrarias. “Que os consumidores paguen a carne máis cara que antes da pandemia mentres os gandeiros galegos se ven forzados a vender a perdas, é ilóxico e ilegal! O rural non pode máis“.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...