InicioEconomíaObreiros de Alcoa prenden barricadas na A-8 en Vilalba para protestar polos...

Obreiros de Alcoa prenden barricadas na A-8 en Vilalba para protestar polos despidos

Centenares de traballadores cortaron o tráfico coa queima de pneumáticos á altura da rotonda de Santaballa, onde conflúen a Autovía do Cantábrico e a AG-64.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Obreiros de Alcoa San Cibrao e empresas auxiliares cortan arestora, desde as 11:00 horas deste venres, o tráfico en ambos os sentidos da circulación na A-8, no quilómetro 576, ao seu paso polo municipio lucense de Vilalba. Centenares de traballadores concentrábanse á altura da rotonda de Santaballa, onde a Autovía do Cantábrico conecta coa AG-64, que comunica a vila chairega con Ferrol.

Como nas últimas accións de protesta organizadas polo comité de empresa, os traballadores formaron barricadas con rodas, ás que logo prenderon lume.

O comité de empresa segue coas súas accións de protesta para esixir a continuidade da produción e dos empregos na planta de aluminio, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de ata 534 obreiros e de alomenos outros 400 de empresas auxiliares.

ÚLTIMAS

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...