InicioEconomíaUnha crise a cabalo doutra crise: familias sen alimentos e falta de...

Unha crise a cabalo doutra crise: familias sen alimentos e falta de vivenda

A crise financeira que comezou en 2008 deixou ver que moitas familias e particulares foran vítimas de tratos abusivos pola banca. Aumentaron os desafiuzamentos e os casos de familias que recorreron a bancos de alimentos para poderen subsistir. Estamos vivindo a mesma situación agora mesmo?

PUBLICADA O

- Advertisement -

A actual parálise económica traerá consecuencias moi graves segundo apuntan as previsións económicas. Entre as primeiras, a falta de emprego, a paralización económica polo confinamento, ERTE e a carestía para moitas familias. Ademais diso, e aínda que o Goberno central prohibiu os desafiuzamentos durante o período de alarma, estas operacións incrementaranse cando finalice o período especial que vivimos. A pesar disto, as dúas crises, 2008 e a actual, teñen diferenzas que se poden rastrexar entre algunhas das asociacións e ONGs que se involucraran socialmente hai máis dunha década.

HAI COMIDA PARA A MESA?

Os bancos de alimentos dan a voz de alarma. Cada día aumentan as chamadas de familias ou particulares que precisan axuda para comer. “Hai xente que tamén vén en persoa mais aquí non lles podemos entregar nada directamente, dirixímolos aos servizos sociais”, din desde o banco de alimentos Rías Altas de Santiago. Os motivos son que non se dupliquen as axudas ou que non haxa picaresca.

As doazóns de alimentos, case sempre anónimas, non están sendo abondo estes meses. O mesmo banco sinala que se en 2008 as asociacións de axuda ou ONGs pedían alimentos para dez familias, “hoxe pode haber vinte ou trinta familias e temos unha media de entre 40 ou 80 chamadas de persoas particulares” que son reenviadas ás institucións que levan as axudas para estes casos.

“Agora o que vemos son moitas persoas afectadas por ERTE, autónomos por cesamento de actividade, persoas que quedaron sen ingresos”. Tamén hai persoas que pecharon un negocio mais sen teren dereito ás axudas establecidas. “As familias que reciben os nosos paquetes pode ser tanto de dous fillos e os pais como familias máis numerosas, non hai un termo medio”.

Podes ler a reportaxe completa, da man de Moncho Mariño, no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...