InicioEconomíaA Apehl afirma que hoxe non abrirá ningún local hostaleiro á parte...

A Apehl afirma que hoxe non abrirá ningún local hostaleiro á parte dos que xa servían a domicilio

Aínda que o plan de desescalada permite a apertura de establecementos para entregar comida para levar, os empresarios entenden que "non sería rendible". "O problema non é abrir, o problema é facturar", chantan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real, informou de que hoxe “non abrirá ninguén” no sector que “non estivese xa aberto para servir comida a domicilio”, porque coas condicións que recolle o plan de desescalada “non é viable”.

Aínda que a fase 0 do plan de desescalada permite desde hoxe a apertura de locais hostaleiros para a entrega de comida para levar, Real asegura que “non vai abrir ningún dos locais” para acollerse a esta opción. Tan só o farían aqueles que xa estaban traballando para servir a domicilio. “Se se le a letra pequena”, resulta evidente que “non sería rendible” para ditos establecementos, segundo Real.

E NA FASE 1?

En canto ao que sucederá dentro dunha semana, a partir do 11 de maio, cando os establecementos poderán abrir as súas terrazas cun aforo do 50%, Real confirmou que as asociacións provinciais, “a través dos grupos de Whatsapp” creados para facilitar a comunicación entre os asociados, están a recomendar “que non se abra”.

Aínda que a “presión” exercida a través das patronais do sector permitiu subir a porcentaxe de ocupación do 30% inicialmente previsto á metade do aforo, Real opina que nesas condicións non é viable manter a actividade.

Precisa que “aínda non se arranxou o tema dos ERTEs, que debería ser o primeiro” e, ademais, “segue sen haber libre circulación” para as persoas, o que sen dúbida influirá na posibilidade de que volvan os clientes. Ademais, lembrou que o sector aínda está á espera dun protocolo claro por parte do Goberno respecto das “medidas hixiénico-sanitarias” que hai que adoptar para garantir a seguridade de traballadores e clientes.

O problema non é abrir. O problema é facturar. Unha cousa é que nos deixen abrir as portas e outra diferente que sexa rendible para o sector”, concluíu.

ÚLTIMAS

Clausuradas as caldas do río Miño ao detectar Legionella nos vestiarios

O Concello de Lugo ordenou a clausura das caldas do río Miño ao detectar a presenza...

O BNG pedirá en Europa “unha análise en profundidade” dos “efectos negativos” da planta de biogás de Coeses

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento Europeo para reclamar unha "análise en...

Norvento Enerxía: un exemplo de eficiencia e autosuficiencia enerxética

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo este venres o...

O PP lucense convoca reunión interparlamentaria para abordar a mobilidade

O PP lucense celebrará este sábado 21 de setembro unha reunión interparlamentaria na que...