InicioEconomíaUn estudo identifica o Auditorio de Lugo na 'xeografía do despilfarro'

Un estudo identifica o Auditorio de Lugo na ‘xeografía do despilfarro’

A lista de dispendios, sobrecustes e gastos inxustificados asumidos pola Xunta de Galicia é de 844 millóns de euros nas últimas dúas décadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia malgastou 844 millóns de euros entre os anos 1995 e 2016. Ese é o total dos cartos dilapidados pola autoridade autonómica en grandes infraestruturas con investimento público. Case a metade dese diñeiro adicouse á Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, e pechando a lista aparece o Auditorio de Lugo. Este cálculo é parte dun estudo publicado no Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, realizado por un equipo de investigadores de universidades de toda España, e titulado ‘Aproximación a la Geografía del despilfarro en España: balance de las últimas dos décadas’.

Pormenorizadamente, o dispendio da Xunta distribúese deste xeito: 400 millóns de euros na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), 127 millóns na Plataforma loxística PLISAN (Salvaterra), 105 millóns no Polígono industrial Porto do Molle (Nigrán), 90 millóns no Auditorio de Vigo, 80 millóns no Polígono industrial Arteixo/Morás, 22 millóns na Autovía AG-51 Salvaterra-As Neves, e 20 millóns no Auditorio de Lugo.

Estes investimentos inclúen o dispendio en infraestruturas innecesarias, sobrecustes e instalacións condenadas á infrautilización. No referido aos cartos tirados pola Administración central do Estado, os expertos sitúan o malgasto en 45.920,5 millóns de euros. Este capítulo inclúe a rede de autoestradas (520 millóns na vía entre Lugo e Compostela), liñas ferroviarias (case 5.000 millóns no treito Valladolid-Compostela), aeroportos (262,4 millóns entre Alvedro, Lavacolla e Peinador) e portos (que lidera o Porto Exterior da Coruña en Punta Langosteira, con 1.000 millóns).

A estas canditades que hai que engadir os dispendios por autonomías, entre as que destaca Cataluña, con 9.160,5 millóns de euros malgastados, seguida por Madrid, con 7.723,1, e Comunidad Valenciana, con 5.936.  A continuación aparecen Aragón (2.978 millóns), Andalucía (2.657,2), Asturias (2.380,1) e Castela-A Mancha (1.530), por enriba de Galicia, que ocupa o oitavo posto. Estremadura é onde menos malgasto houbo, con 13,4 millóns.

En total, os investigadores contabilizaron, entre investimentos da Administración central e das autonómicas e locais, 80.526,6 millóns de euros malgastados en grandes obras dende 1995.

Máis información en Galicia Confidencial

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...