InicioEconomíaLugo é a segunda capital de provincia en España con bonobús máis...

Lugo é a segunda capital de provincia en España con bonobús máis barato, segundo un estudo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A diferenza de prezo na viaxe en autobús urbana utilizando un bonobús chega a alcanzar o 307% naquelas cidades onde existe esta modalidade. Esta é unha das conclusións do estudo anual realizado por FACUA-Consumidores en Acción, no que se pon de manifesto que, en 2019, Madrid, Xirona e Barcelona son as cidades coas tarifas de autobús máis caras nesta modalidade das 53 analizadas, das que Lugo é a segunda máis barata.

O estudo abarca a totalidade das 50 capitais de provincia -agás Pontevedra, que non conta cun sistema de autobús urbano como tal- máis Ceuta, Melilla, Santiago de Compostela e Xixón.

De media, viaxar en autobús utilizando un bonobús ou cartón recargable con transbordo (o que ofrecen case todas as cidades analizadas (en concreto 39) custa 0,75 euros, unha leve baixada do 0,7% con respecto ao ano pasado.

O traxecto máis caro con este cartón con transbordo é o de Madrid (1,83 euros), seguido polo de Xirona (1,07 euros), Barcelona (1,02 euros), Lleida (0,98 euros) e Alacante (0,87 euros). No outro extremo, as viaxes máis baratas atópanse en Lugo (0,45 euros), Logroño (0,53 euros), Ávila (0,55 euros), Salamanca (0,59 euros) e Santiago de Compostela, Segovia e Vitoria (as tres cun prezo de 0,60 euros).

En canto aos traxectos con bonobús sen transbordo (do que dispoñen 25 das 53 cidades), Madrid continúa sendo a cidade máis cara (1,22 euros). Séguenlle Palma de Mallorca (1,00 euros), San Sebastián (0,95 euros), Oviedo (0,90 euros) e Huesca (0,85 euros). As máis baratas son Palencia (0,40 euros), Lugo (0,45 euros), Burgos (0,47 euros) e Logroño (0,53 euros).

ÚLTIMAS

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida,...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta...

Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo iniciaron dilixencias para esclarecer un posible caso de violencia...

Identificado un ‘taxista pirata’ que facía traslados ilegais desde o HULA e ao que interveñen varias armas prohibidas

A Garda Civil identificou a un veciño de Lugo de 31 anos de idade, e con...