InicioEconomíaLugo conta coa torre de control máis avanzada de España

Lugo conta coa torre de control máis avanzada de España

Está en Rozas que será nun centro que certificará drones para Europa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A torre de control máis avanzada tecnoloxicamente de España foi inaugurada este mércores no aeródromo de Rozas, no municipio de Castro de Rei (Lugo), tras a súa rehabilitación e dotación de equipamento.

Esta torre completa así o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), que aspira a converterse nun organismo de referencia en Europa para a certificación de avións non tripulados.

O custo desta infraestrutura ascende a cinco millóns de euros –1,57 millóns licitados a través de compra pública innovadora–, nunha torre que axunta seguridade, instrumentación e supervisión de operación.

O centro de Rozas conta cunha área de 313 hectáreas, unha pista de 1.200 metros de longo por 45 de ancho e un hangar de 40 por 40 metros. De tal forma, ofrecerá un servizo integral innovador para a realización de plataformas aéreas, cunha tecnoloxía que permitirá ás empresas dar servizos de alta cualificación.

PROXECTO CON MÁIS DE 500 EMPREGADOS

O proxecto do centro de Rozas conta cun orzamento de 165 millóns, dos cales están executados uns 96 millóns, segundo datos do Goberno galego. Máis de 380 persoas traballan nesta iniciativa, coa previsión de que se alcancen os 500 empregados de alta cualificación.

A Xunta, o Ministerio de Ciencia e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial colaboran nun proxecto no que hai máis de 50 empresas e centros de coñecemento, con Indra, Babcock e Boeing como empresas tractoras.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...