InicioEconomíaPresentan os resultados dun proxecto sobre dixitalizar o control de conservación do...

Presentan os resultados dun proxecto sobre dixitalizar o control de conservación do leite

Os datos coñecéronse nun encontro entre especialistas que debateron sobre as utilidades dos resultados do proxecto na conservación do leite nos tanques de frío.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal), en colaboración coas Vacas da Ulloa, PSVet Dairy Quality, 2xMil e Data Monitoring, organizan a xornada de presentación de resultados do proxecto ‘Control de procesos usando tecnoloxías de Internet para a conservación do leite nas explotacións gandeiras’.

Segundo informou o Cetal, a xornada está dirixida a profesionais do sector lácteo, empresas e industrias lácteas, investigadores e profesionais relacionados co sector agrario e o desenvolvemento rural. A xornada comezará ás 11,00 horas no salón de actos do Cetal en Lugo coa presentación do acto por parte do director xeral deste organismo, Javier Bo.

A continuación Natalia Estévez, da empresa Proquimia S.A., impartirá un relatorio titulado ‘Técnicas de limpeza de tanques de frío’. Tras ela, os representantes das cinco entidades participantes no proxecto explicarán “os principais fitos no desenvolvemento dos traballos realizados, así como os resultados obtidos máis destacados“, indicou a organización. Ao final da exposición, os asistentes poderán debater sobre as utilidades dos resultados do proxecto na conservación do leite nos tanques de frío.

O proxecto ‘Control de procesos usando tecnoloxías de internet para a conservación do leite nas explotacións gandeiras’ foi aprobado no ano 2018 dentro da convocatoria de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O grupo operativo está formado polas Vacas dá Ulloa SCG como coordinadora do grupo, a empresa Grupo PS Vet Dairy Quality SL, a empresa 2xMil SCG, a empresa Data Monitoring SA e a Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo.

Este grupo traballou para crear un dispositivo denominado ‘DATALACT’ e valorar a súa aplicabilidade no control da calidade hixiénica do leite no tanque de frío. Tras a finalización do proxecto polo grupo operativo organízase a presente xornada de difusión para compartir tanto o produto xerado como as súas diferentes aplicacións con todas aquelas persoas interesadas.

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...