InicioEconomíaLugo contrata por primeira vez en conxunto a subministración eléctrica municipal

Lugo contrata por primeira vez en conxunto a subministración eléctrica municipal

Trátase dunha decisión, segundo informou o goberno local, coa que se busca mellorar “a eficiencia”, dado que o Concello de Lugo “pasará de recibir centos de minutas a só unha vintena”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno do Concello de Lugo adoptou hoxe o acordo para adxudicarlle á subministradora Nexus Enerxía, S.A. o contrato conxunto, por primeira vez na historia do entidade local, para abastecer de enerxía eléctrica a todos os inmobles municipais e espazos públicos da cidade.

Trátase dunha decisión, segundo informou o goberno local, coa que se busca mellorar “a eficiencia”, dado que o Concello de Lugo “pasará de recibir centos de minutas a só unha vintena”. Dese modo, explica o goberno local, farase “ máis áxil o control” das facturas e permitirá “reducir os tempos de pago”.

Trátase dun contrato que fai referencia á subministración de media e de baixa tensión, cun orzamento que supera os 2,5 millóns de euros no primeiro lote, e os 3,2 millóns no segundo. Así mesmo, na sesión deste mércores tamén foi aprobada a concesión ao Sergas da licenza de obra para a construción do Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia, cun orzamento de 8,3 millóns de euros e un prazo de execución de 36 meses.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...