InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaPreto de 400 ciclistas desafiaron á neve na VI Ruta dos Lobos

Preto de 400 ciclistas desafiaron á neve na VI Ruta dos Lobos

Este roteiro cicloturistia celebrouse este sábado entre A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Preto de 400 ciclistas de todo o estado desafiaron á neve na VI Ruta dos Lobos da Fonsagrada, que tivo lugar este sábado. A ruta cicloturista deu comezo ás 11:00 horas na Praza do Concello e tivo un percorrido circular, que transcorreu maioritariamente no municipio fonsagradino, aínda que tamén percorreu varios quilómetros por Negueira de Muñiz.

Finalmente a ruta contou soamente cun percorrido de 29 quilómetros, por mor das condicións meteorolóxicas, suspendeuse o percorrido coa ruta máis longa. Ademais, desde a organización facilitaron unha lista con puntos de interese para o seguimento da proba. O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, participou na entrega de premios aos gañadores das diferentes categorías.

Durante a fin de semana puxéronse en marcha varias actividades paralelas, como unha Loboescalada polas rúas da vila ou unha xincana gratuíta para os máis pequenos. Ademais, realizáronse visitas guiadas para os acompañantes dos corredores, na que os visitantes coñeceron o museo Etnográfico de Grandas de Salime e a fábrica de cervexa artesá “Pintega”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...