InicioDeportesRoberto anuncia a súa retirada

Roberto anuncia a súa retirada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro lucense Roberto Fernández, de Club Deportivo Lugo, comunicou este mediodía a súa retirada do fútbol profesional. Roberto seguirá formando parte da estrutura do club albivermello.

“Moitas grazas por acompañarme nun día tan especial, que nunca pensei que chegaría, pero ao final chega como lle chegou a outros compañeiros”, afirmou Roberto. O chantadino engadiu: “Dende moi cativo, cando colgaba cromos na neveira da miña casa, soñaba con xogar na mellor liga do mundo, en acadar títulos, ascensos, premios, mais sobre todo ser unha persoa respectada, un porteiro e un deportista exemplar en tódolos equipos nos que defendín o escudo”. Amosouse “feliz e orgulloso” e, ao retirarse, “que mellor que en Club Deportivo Lugo, sendo chantadino”. “Fixéchesme moi feliz cada día, fútbol. Espero seguir ao teu carón moitos máis anos, estarei noutra función, mais sempre ao teu carón, fútbol, con traballo, con sacrificio e con humildade aquí estarei”, declarou dirixíndose ao fútbol en xeral.

Tino Saqués, presidente do Lugo, subliñou que Roberto é “un profesional modélico” e para o club é un “orgullo” que cumplira 400 partidos coma profesional no equipo albivermello, así como “reconforta” que siga na estrutura do club.

Roberto Fernández retírase despois de 401 partidos coma profesional entre Sporting de Gijón, Club Atlético Osasuna, Granada C.F. e o propio Lugo. Ademáis, xogou 35 partidos en Segunda División B co R.C. Celta de Vigo B na tempada 2001-2002. Acadou dous ascensos a Primeira con Sporting en 2008 e Granada no 2011. Xogou 119 partidos en Primeira División.

Cómpre lembrar que Roberto xogara mañá, tal e coma confirmou o adestrador en rolda de prensa, o seu partido 401 porque o Lugo remata a Liga contra a U.D. Almería no estadio Ángel Carro dende as 20:30 horas.

Foto de laliga.es

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...