InicioDeportesNatxo Lezkano: "Temos que mellorar as nosas porcentaxes de tiro"

Natxo Lezkano: “Temos que mellorar as nosas porcentaxes de tiro”

O primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán explicou que Elijah Millsap "está cada día unha miguiña mellor" e "está a traballar ben"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, analizou o partido deste sábado contra Delteco Gipuzkoa Basket no Donostia Arena de Donostia-San Sebastián a partir das 18 horas.

Lezkano explicou que “é un partido moi, moi importante, é unha final” e teñen “a obriga de gañar para cumplir o obxectivo da permanencia”. Porén, teñen que “saír moi concentrados” e “neste tipo de partidos hai que ir a morte”. Na súa opinión, “defensa e rebote teñen que seguir sendo as señas de identidade” do equipo lucense. “Se queremos gañar fóra, temos que mellorar as nosas porcentaxes de tiro, é o noso cabalo de batalla”, comentou, non sen antes aclarar que esa mellora debe ser en “tiros de dous e de tres puntos”. Valorou que “o equipo está ben a nivel físico”. O primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán explicou que Elijah Millsap “está cada día unha miguiña mellor” e “está a traballar ben”. Iso sí, reflexionou que teñen “xogadores importantes que están un pouco irregulares en ataque, tema de Lucio Redivo e Johan Löfberg”.

O primeiro técnico breoganista contestou que “non” vai reaparecer Henk Norel en Donostia. “A miña idea hoxe en día é que prosiga a súa recuperación”. Pola súa banda, adiantou a mellora de Aleksandar Cvetković, aqueixado previamente de problemas na espalda. En canto a Tadija Dragićević, “a mellora xa é importante, non hai restos da rotura, ten que cicatrizar e comezar o proceso de correr e ir facendo máis cousas”.

 

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...