InicioDeportesO rebote permítelle ao Breogán asinar a súa sétima vitoria (77-73)

O rebote permítelle ao Breogán asinar a súa sétima vitoria (77-73)

Os breoganistas acadaron 16 rexeites en ataque absolutamente decisivos, ademáis de 5 puntos seguidos de Salva Arco, para 15 finais, e dous tiros libres dun Volodymyr Gerun inmenso con 20 puntos e 10 rebotes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán gañou ao UCAM Murcia (77-73) e asinou a súa sétima vitoria nesta tempada en Liga Endesa. Os breoganistas foron claramente superiores no rebote (47 a 32), especialmente con 16 rexeites en ataques. Cinco puntos consecutivos de Salva Arco, 15 puntos ao remate pese a estar limitado pola cuarta falta persoal no terceiro cuarto, e dous tiros libres de Volodymyr Gerun, inmenso con 20 puntos e 10 rebotes, foron decisivos. Os lucenses son decimocuartos con dous triunfos sobre o descenso. Iso si, non foron quen de remontar o average directo con Murcia, que é penúltimo en posto de descenso con cinco triunfos. UCAM Murcia estivo máis atinado no lanzamento a canastra, na circulación de balón, mais no treito final pecaron de individualistas.

Gerun foi o máximo anotador breoganista con 20 puntos, seguido por Salva Arco, con 15, e Alec Brown, con 13 e 12 rebotes.

 

 

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...