InicioDeportesHernán Menosse: "Verán un defensa uruguaio con entrega, con sacrificio"

Hernán Menosse: “Verán un defensa uruguaio con entrega, con sacrificio”

O ex central do R.C. Recreativo de Hueva e do Granada C.F. subliñou que o Club Deportivo Lugo é "un equipo que tenta xogar moi ben ao fútbol, faino moi ben, en tódolos campos quere ser protagonista"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hernán Menosse, novo defensa central do Club Deportivo Lugo, foi presentado este mediodía coma novo xogador albivermello até final de tempada.

O ex central do Real Club Recreativo de Huelva e do Granada C.F. afirmou que tiña contrato de “ano e medio máis na primeira división arxentina” con C.A. Belgrano e “algunhas outras opcións”, pero gustoulle a “seriedade” do Club Deportivo Lugo e quería “outra oportunidade” en España. Explicou que “verán un defensa uruguaio, entrega, sacrificio, dalo en cada partido, en cada adestramento” porque “iso non se negocia” e quere “contaxialo aos compañeiros”, así coma “seriedade” e “experiencia”. Subliñou que o Lugo é “un equipo que tenta xogar moi ben ao fútbol, faino moi ben, en tódolos campos quere ser protagonista”.

Hernán Menosse é un central diestro. Pese a iso, comentou que xogou “máis partidos pola esquerda que pola dereita” ao longo da súa traxectoria profesional. Asina até final de tempada, mais dixo que “ogallá por moitos anos máis”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...