InicioDeportesLuis Ruiz adianta "algún achegamento" co C.D. Lugo, co que remata contrato

Luis Ruiz adianta “algún achegamento” co C.D. Lugo, co que remata contrato

O ex xogador de C.D. Leganés subliñou que os lucenses están "nunha boa dinámica, estase a notar o traballo nos adestramentos, o traballo que quere o míster", así como están a realizar "un bo traballo defensivo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Luis Ruiz, lateral esquerdo do Club Deportivo Lugo, remata contrato este vindeiro 30 de xuño deste ano 2019. Hoxe, en rolda de prensa, respondeu sobre o seu futuro: “Si, houbo habido algún achegamento co club. Eu estou ledo aquí. Quérome centrar en facelo ben, estar ao meu máximo nivel.”

O ex xogador do C.D. Leganés valorou a situación actual do equipo: “Estamos nunha boa dinámica. Estase a notar o traballo dos adestramentos, o traballo que quere o míster. Temos que darlle continuidade e mellorar no que, quizáis, estamos a errar un pouco”. “Non nos conformamos con isto, queremos sumar de tres en tres”, comentou a posteriori. Subliñou que os lucenses están a “facer un bo traballo defensivo, aos rivais cústalles facer ocasións” e os albivermellos teñen “un gran porteiro”.

Valorou o traspaso de Bernardo Cruz ao Granada C.F.: “É unha perda importante porque é unha persoa que facía vestiario, sumaba sempre xogase ou non, é un exemplo para todo futbolista, todos temos que mirarnos en el, merécese o mellor”.

Opiniou que o Extremadura U.D., vindeiro rival no estadio Ángel Carro este domingo 13 de xaneiro a partir das 18 horas, é “un equipo sólido“, “veñen dun resultado bastante bo, teñen o máximo goleador da categoría, arriba teñen xente bastante dinámica e xente que chega nun bo momento de forma”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

O PP acusa a PSOE e BNG de teren un “pacto” con José Tomé e de ser “o seu socio de goberno”

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo reclamou explicacións públicas á...

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....