InicioDeportesO Cafés Candelas Breogán suma a súa cuarta vitoria consecutiva (83-71)

O Cafés Candelas Breogán suma a súa cuarta vitoria consecutiva (83-71)

Os lucenses impuxéronse a Delteco Gipuzkoa Basket, colista, e marcan tres vitorias de diferenza sobre eles grazas á defensa e o acerto exterior, así como un Salva Arco decisivo e máximo anotador con 15 puntos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán gañou a Delteco Gipuzkoa Basket (83-71) e suma a súa cuarta vitoria consecutiva. Os lucenses teñen unha vantaxe dun triunfo sobre o descenso e tres sobre o colista, precisamente Gipuzkoa Basket.

Despois dunha breve vantaxe donostiarra (0-4 e 6-8), os lucenses dominaron o partido grazas á súa defensa e acerto exterior, especialmente. Os breoganistas acadaron unha importante renta xa no primeiro parcial (20-10) despois dunha tripla de Elijah Millsap, que anotou os seus tres primeiros lanzamentos de tres puntos. Un parcial de 0-7 dos donostiarras reducía as distancias (20-17) despois dunha canastra de dous puntos de Beqa Burjanadze, ex Basquet Coruña. Respondía Millsap cunha tripla (23-17). Cun tiro libre do base visitante Dani Pérez, principal xerador de GBC, remataba o primeiro cuarto, que finalizaba finalmente igualado (23-21).

O segundo cuarto comezou cun inspirado Salva Arco con cinco puntos e que anotou sete neste período. Unha tripla de Lucio Redivo no derradeiro segundo da posesión, unha bandexa de Christian Díaz e unha canastra de Emir Sulejmanovic tras xogada de Christian marcaban a maior vantaxe local até o momento (40-25). GBC reducía as diferenzas levamente ao descanso (47-36).

No terceiro cuarto, Alec Brown asumía o liderado. Despois dun alley oop de Alec Brown tras saque de banda e un tiro libre de Sulejmanovic, nova diferenza ampla (57-42). Igualaba a máxima vantaxe local. Pero unha tripla de Aleksandar Cvetkovic (60-42) marcaba a maior diferenza lucense (60-42). O Breogán non rachou o partido e GBC mantíñase en partido. Tras un mate de Bobrow e unha tripla errada por Van Lacke chegaba ao final do terceiro cuarto (61-49).

Pero novamente unha tripla de Salva Arco para abrir distancia (64-49). Dúas canastras con tiro libre adicional (un fallado e outro acertado) de Volodymyr Gerun, que até entón non anotara, e unha tripla de Salva Arco decidiron a prol do Breogán en intres decisivos.

O capitán Salva Arco foi o máximo anotador breoganista con 15 puntos e Vyacheslav Bobrov, con 14, no Gipuzkoa Basket.

ÚLTIMAS

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...

Un detido en Lugo por estafa na contratación do seguro obrigatorio de vehículos

A Garda Civil detivo a un veciño de Lugo, de 49 anos, que actuaba...

A Festa da Carballeira deixa cinco toneladas de lixo en Lugo

Un total de 5.020 quilos de residuos recolléronse durante a xornada deste xoves despois...