InicioDeportesCarlos Pita e Antonio Campillo volven á lista

Carlos Pita e Antonio Campillo volven á lista

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Deportivo Lugo visita mañá domingo ao Rayo Vallecano no estadio de Vallecas na penúltima xornada da Liga 1|2|3 dende as 20:30 horas. O Rayo, de gañar, será equipo de Primeira División despois dun bienio en Segunda. Tamén ascenderá en caso de que o Sporting de Gijón non venza ao Granada C.F.

O mediocentro ou central Carlos Pita e o mediapunta ou extremo Antonio Campillo volven á convocatoria despois de cumplir sanción. O porteiro lucense Roberto Fernández, de xogar mañá, cumprirá o seu partido 400 na súa traxectoria profesional.

O equipo conta coas baixas do lateral dereito Serge Leuko, convocado coa selección de Camerún; e o dianteiro Manuel Jesús “Chuli” por molestias no tobillo esquerdo. Hai que engadir as lesións de longa duración do lateral dereito Eduard Campabadal, o mediapunta Sergio Díaz e do dianteiro Francisco “Polaco”.

Ademais, Francisco non citou por decisión técnica aos centrais Luis Muñoz e “Josete” Malagón, así como tampouco ao extremo zurdo Nico Albarracín e mailo dianteiro Mario Barco.

O mediapunta ou extremo Adrià Carmona repite convocatoria por segunda xornada consecutiva. Carmona, por diferentes lesións, non compite dende o 30 de outubro de 2016.

Foto de laliga.es

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...