InicioDeportesNatxo Lezkano: "É o partido máis importante da tempada"

Natxo Lezkano: “É o partido máis importante da tempada”

O primeiro adestrador breoganista pediu "aportación dos exteriores no rebote" trala marcha de Jerome Jordan, mentres que Elijah Millsap amosouse "moi ledo" de xogar en Lugo e definiuse coma un "xogador completo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra Delteco Gipuzkoa Basket este domingo 6 de xaneiro no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 12:30 horas en encontro correspondente a decimoquinta xornada da Liga Endesa.

Lezkano lembrou as baixas de Ricardo Úriz e Henk Norel. Sobre Tadija Dragićević, novo ala-pivote do Breogán, dixo que a adaptación “vai ser rápida” e que “é máis catro que cinco e o xeito de xogar vai cambiar dende xa, dende este partido”.

O adestrador breoganista pediu “aportación dos exteriores no rebote” trala marcha de Jerome Jordan.

Sobre a renovación de Sergi Vidal, amosouse “ledo” e quixo “agradecer á directiva o esforzo que está a facer sabendo que o aspecto económico é prioritario”. Engadiu que están “sendo prudentes e neste caso tamén”. Calificou ao escolta de Badalona coma un “xogador importante”.

Sobre o partido contra Gipuzkoa Basket, dixo que “é o partido máis importante da tempada”, é o encontro “clave”, precisan que sexa “un partido especial, todo o mundo ten que estar volcado, que a xente veña coma nas grandes citas”. “Na plantilla sabémolo”, explicou.

Opinou que os donostiarras “teñen tres vitorias, pero non fai xustiza ao xogo que están a realizar nin a como compite o equipo, compiten prácticamente tódolos días, a Barcelona, a Unicaja, etcétera” e “non reflicte a realidade deste equipo e o espírito que teñen”. Contestou que Alberto Corbacho é “un xogador desequilibrante se consegue eses tiros complicadísimos e consegue que cambien as dinámicas dos partidos”. “Prácticamente, teremos que ter un xogador pendente de el”, adiantou. Tamén subliñou a “capacidade anotadora” de Garrett Nevels, a “xeración” dos bases e “polivalencia” dos seus interiores.

Pola súa banda, Alijah Millsap, aleiro do Breogán e que xa xogou as dúas últimas xornadas, amosouse “moi ledo” de xogar no equipo lucense e recoñeceu que falou con “xente de confianza en Estados Unidos” e dixéronlle que “era unha boa oportunidade”. “Podo tirar, penetrar, pasar, axudar en defensa, rebotear, son un xogador completo”, describiuse.

 

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...