InicioDeportesNatxo Lezkano: "Jerome (Jordan) vaise a outro equipo"

Natxo Lezkano: “Jerome (Jordan) vaise a outro equipo”

O adestrador breoganista explicou que querían "traer un xogador o máis parecido posible a Jerome, pero está a resultar imposible", polo que "probablemente" vaian "a outro tipo de xogador cunhas características diferentes" e é unha cuestión que vai "ligada" á posible renovación de Sergi Vidal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra Montakit Fuenlabrada no pavillón Fernando Martín de Fuenlabrada o domingo 30 de decembro a partir das 19:30 horas na decimocuarta xornada da Liga Endesa.

Lezkano confirmou, ao igual que Quique Fraga onte, que Jerome Jordan, que remata contrato o 31 de decembro, “vaise a outro equipo”, pero confirmou que xogará o domingo. “Estamos tendo traer outro xogador o antes posible. Non está a resultar nada sinxelo. O mercado non nos ofrece cincos de nivel que nós podemos pagar. Estamos a mirar outras alternativas, non só cincos. Se temos que ir a posicións un pouco máis exteriores, teremos que ir, aínda que non era a idea orixinal. Queríamos traer un xogador o máis parecido posible a Jerome, pero está a resultar imposible. Probablemente, vaiamos a outro tipo de xogador cunhas características diferentes”, explicou. Sobre Sergi Vidal, que remata contrato tamén o 31 de decembro, respondeu que son “temas que van ligados, o tema deportivo” téñeno “moi claro, pero o económico non”.

O adestrador breoganista comentou que “Sule (Emir Sulejmanovic) aínda non adestrou co grupo e, se chega, chegaría moi xusto”, así como Aleksandar “Cvetkovic non adestrou co grupo” e lembrou as baixas de Ricardo Úriz e Henk Norel. “Confío en que chegue”, explicou sobre Cvetkovic.

“A recuperación de Henk Norel vai polo bo camiño, polo que nos din e vemos. Cada día pode facer máis cousas. É un xogador ao que lle vai custar moito aínda. Xaneiro seguro que non. Non lle vexo nin de lonxe para adestrar co equipo”, contestou.

Sobre Montakit Fuenlabrada, opinou que o seu equipo ten que “parar as súas individualidades”, “non deixarlles correr porque son un dos mellores equipos que corren” e “pechar o rebote”. Tamén subliñou que é “unha pista onde o público apreta moito, hai moitísimo ruído e é difícil comunicarse”. Lembrou que os fuenlabreños fixeron “esta semana tres incorporacións”.

O Breogán vén de gañar dous partidos consecutivos, ámbolos dous no Pazo, onde acadou as súas catro vitorias totais. “Hai que rañar fóra”, valorou.

ÚLTIMAS

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...