InicioDeportesO C.B. Breogán aproba as contas e a renovación do consello de...

O C.B. Breogán aproba as contas e a renovación do consello de administración

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán S.A.D. aprobou as contas do exercicio 2017-2018, os orzamentos da tempada 2018-2019 e a renovación do actual consello de administración.

O Breogán presentou un orzamento económico para o exercicio 2018-19 de 2775000 euros en ingresos e exactamente o mesmo en gastos. Nos ingresos, son 690000 euros de sponsors, 680000 euros de institucións, 600000 euros de abonados, 500000 euros da ACB, 125000 euros de sponsors de pista, 120000 euros de ticketing, 40000 euros de merchandising e 20000 euros de accións especiais. Nos gastos, 1929000 son na plantilla, técnicos e persoal. O consello confirmou que non hai débedas con ningún traballador e teñen “pendentes os 30000 euros” do acordo cos Shenzhen Leopards de China.

No caso do exercicio 2017-2018, os ingresos ascenderon a 1207398,29 euros e os gastos a 1255083,86 euros. Porén, hai unha perda de 47685,57 euros. Nesa tempada, o gasto en plantilla deportiva foi de 495756,29 euros. Os ingresos 2017-2018 proceden de 437947,15 euros de patrocinios, 200417,04 euros de abonados, 91829,55 euros de taquilla e 173605,57 euros de publicidade estática.

Renovouse o consello de administración. Suso Lázare, presidente breoganista, contestou que “non é conveniente” amplialo “a curto prazo” e está “orgulloso” do actual consello.

Lázare explicou que teñen que “buscar ingresos” porque os movementos deportivos propios “destas datas” tiveron que acometerse “en setembro”. Calificou de “mala sorte” as lesións.

O presidente do Breogán contestou que “é compricado” ampliar o aforo do Pazo dos Deportes, que habería a opción de “baixar a pista”, pero agora mesmo o obxectivo é “consolidar” a situación actual.

O consello contestou que Monbús segue sendo “patrocinador” e “segue sendo o máis barato”, en referencia ás viaxes en autobús.

En canto ao convenio con Club Estudiantes Lugo, o custo para o exercicio 2017-2018 foi de 26500 euros, pero non está asinado de cara a tempada 2018-2019 e non aparece nos orzamentos 2018-2019. Suso Lázare contestou que “están a traballar” niso e “farase”. Eduardo Valín, vicepresidente do club, engadiu que “o problema non é Estudiantes”, senón foron “un par de persoas” e todo debe ser con “luz e taquígrafos”.

Valín, por outra banda, quixo aclarar que Ricardo González, da axencia de representación Xpheres, é o seu “íntimo amigo”, que esta axencia “nunca facturou ningún servizo ao club” e “ningunha comisión”, así como engadiu que, dende que xestiona o club este consello de administración, un total de “42 xogadores” xogaron ou xogan na plantilla do Breogán e proceden de “21 axencias diferentes”.

Suso Lázare e Eduardo Valín comentaron que falaron con “seis” opcións para ser director deportivo desestimadas por criterios económicos. De feito, o derradeiro co que se entrevistaron díxolles que era “un insulto” a oferta do Breogán. Lázare e Valín engadiron que “Quique (Fraga) deu un paso ao fronte” para ser director deportivo. O presidente valorou que está “contentísimo” con Quique Fraga, actual director deportivo, ten un “coñecemento tremendo” e goza da “confianza absoluta” de Natxo Lezkano, primeiro adestrador. Aclararon que as decisións deportivas tómanse entre Quique Fraga, Natxo Lezkano e Óscar Lata, segundo adestrador.

Suso Lázare lembrou que a súa “prioridade” é que o “o club sexa viable”.

Lázare cifrou en “máis de 50000 euros” a taquilla do partido contra o Real Madrid, mentres que cada un dos restos partidos “entre 12000-13000 euros”.

Posteriormente, Quique Fraga, director deportivo do club, contestou que Jerome Jordan “decidiu que se vai a outro equipo” e con Sergi Vidal “están a negociar”. Ámbolos dous rematan contrato o vindeiro 31 de decembro, pero confirmou que xogarán o día 30 en Fuenlabrada.

O club tamén confirmou que o pivote Herve Kabasele “fáltanlle dous meses para adestrar co equipo”, así coma é “unha posibilidade moi difícil” que un xogador cedido volva esta tempada, en relación a Sergi Quintela.

 

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...