InicioDeportesO Breogán colabora na loita contra a endometriose

O Breogán colabora na loita contra a endometriose

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán colaborará na loita contra a endometriose no partido deste domingo 16 de decembro no Pazo dos Deportes de Lugo contra o Real Madrid a partir das 17 horas na duodécima xornada da Liga Endesa.

Despregarase un tifo con cartulinas amarelas contra esta enfermidade, que afecta ao 10 % das mulleres. Calcúlase que 60000 mulleres galegas son vítimas da endometriose. Tamén colocaranse puntos de información na contorna do Pazo dos Deportes e o Breogán informará a través de megafonía durante o partido, na súa páxina web e nas súas redes sociais. Esta iniciativa foi presentada esta mañá na Deputación de Lugo.

Andrea López, representante da asociación QuerENDO, subliñou a transcendencia de que “esta iniciativa se leve a cabo nun partido con tanta repercusión, o que permitirá que un tema tabú chegue a moitas mulleres e cale entre a sociedade”.

Este acto forma parte do contrato de patrocinio entre o Club Baloncesto Breogán e maila Deputación de Lugo.

Ligazón dunha reportaxe no noso xornal sobre a endometriose a cargo do compañeiro Óscar Bernárdez.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...