InicioDeportesO Breogán participa nunha xornada de concienciación con COGAMI

O Breogán participa nunha xornada de concienciación con COGAMI

O club breoganista lembrou que "moverse pola cidade en cadeira de rodas ou cun bastón non é tarefa doada", polo que participaron neste acto de sensibilización

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán participou esta mañá nunha “xornada de concienciación” xunto a COGAMI (Confederación de Asociacións de Persoas con Discapacidade) de Lugo “para coñecer mellor o día a día de persoas con capacidades diferentes”. Tal e como lembra o Breogán, “moverse pola cidade en cadeira de rodas ou cun bastón non é tarefa doada”.

No acto, participaron os xogadores breoganistas Aleksandar Cvetkovic, Ricardo Úriz, Romaric Belemene, Henk Norel e Herve Kabasele, os técnicos axudantes Óscar Lata e Pablo Abuín, así como o director deportivo, Quique Fraga. Xogadores do plantel breoganista xa visitaron o centro de día de COGAMI a semana pasada.

Foi un evento que forma parte do acordo de patrocinio entre o Breogán e maila Deputación de Lugo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...