InicioDeportesUn parcial desfavorable de 19-0 lastra o acerto exterior do Breogán (72-63)

Un parcial desfavorable de 19-0 lastra o acerto exterior do Breogán (72-63)

Os lucenses amosáronse acertados nas triplas dende o comezo, pero cometeron excesivos erros no dominio do balón, así como non foron quen de xestionar a vantaxe de 32-39 mediado o terceiro cuarto e, pese a que competiron até o final, un rebote ofensivo de Alex Renfroe sentenciou

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu ante BAXI Manresa (72-63) na décima xornada da Liga Endesa. Os breoganistas son decimosétimos con dúas vitorias.

O Breogán amosouse moi acertado nas triplas ao comezo para acadar as primeiras vantaxes. Os lucenses anotaron os seus primeiros 12 puntos a través de triplas. Ao Breogán cústaballe entrar na pintura manresana pola intimidación de Cady Lalanne. No segundo cuarto, dúas triplas consecutivas de Lucio Redivo para unha vantaxe de 7 puntos a prol dos lucenses (18-25). Cun parcial de 7-0 chegábase ao descanso (25-25). Un tanteo baixo, onde só o Breogán amosábase acertado no tiro exterior, pola ineficacia interior e exterior do Baxi Manresa, que estaba sólido en defensa.

No terceiro cuarto, volvía a liderar o Breogán buscando o xogo interior, onde xeraba Jerome Jordan, desacertado ata ese intre e limitado polas faltas personais cometidas. Cunha tripla de Aleksandar Cvetkovic, abría brecha (32-39). Joan Peñarroya, adestrador de Manresa, pedía tempo morto. Os manresanos aplicaron, dende entón, unha presión alta e asfixiante que complicou a cotío as posesións do Breogán. Así, chegaban dúas canastras con adicional de Nikola Dragovic e Cady Lalanne. Nove puntos consecutivos de Jokubas Gintvainis, un tiro libre de Gabriel Lundberg e unha tripla de Dragovic, ésta ao comezo do derradeiro cuarto, asinaban un parcial demoledor a prol dos do Bages (19-0 para 51-39). Unha canastra con adicional de Jordan reducía a desvantaxe (51-41). O Breogán tivo dúas opcións con bandexas en dous contragolpes claros que foron abortadas con tapóns do Manresa. Pero cinco puntos consecutivos de Sergi Vidal, liderando ao equipo nos intres complexos, proporcionaba un parcial visitante de 0-8. Dende entón, intercambio de canastras, e Manresa xestionaba a vantaxe ante un Breogán irregular no dominio do balón. Unha nova tripla de Cvetkovic buscaba a remontada (65-61). Pero dous tiros libres de Gabriel Lundberg ampliaba novamente a distancia (67-61). Unha canastra de Cvetkovic volvía reducir (67-63). Un rebote ofensivo de Alex Renfroe para a canastra liberada de Cady Lalanne sentenciaba ao partido, clausurado polo propio Renfroe cunha tripla até o 72-63 final.

ÚLTIMAS

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...