InicioDeportesEnsino pide "todo o apoio posible" na súa campaña de abonados

Ensino pide “todo o apoio posible” na súa campaña de abonados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durán Maquinaria Ensino Lugo presentou a súa campaña de abonados de face á próxima tempada en Liga Dia, máxima categoría do baloncesto feminino español. O club lucense comunicou que “precisa todo o apoio posible debido ás esixencias económicas de xogar na elite”.

Os prezos son os seguintes:

Socio estándar ou sénior: 60 euros.
Socio júnior, é dicir, de 12 a 18 anos: 20 euros.
Socio de honor, é dicir, asento en tribuna baixa e bufanda do club: 100 euros.

Os abonos familiares gozarán dun 10% de desconto. Para iso, deberanse abonar dous adultos e un neno ou nena de entre 12 e 18 anos.

Ademais, os menores de 12 anos, os desempregados e os maiores de 65 anos poderán ver os partidos sen custo algún. No caso dos desempregados, deberán ensinar en cada partido a tarxeta de desempregado. Non hai abonos propiamente ditos para desempregados.

Os abonos poden adquirirse dende antonte nas oficinas do Ensino no Pazo dos Deportes, en Cafés Candelas, na tenda Manel Sánchez e en Durán Maquinaria.

Doutra banda, o club dálle unha sobresaliente importancia ao merchandising, que se poderá adquirir no Pazo dos Deportes en cada partido do Ensino como local, así como na futura tenda on-line do club. Poderán comprarse cuncas, chaveiros, gorras e bufandas.

Foto de ensinolugo.com

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...