InicioDeportesUn gol de Jeremie Bela asina a derrota do Lugo en Albacete...

Un gol de Jeremie Bela asina a derrota do Lugo en Albacete (1-0)

Os lucenses sofren a súa segunda derrota consecutiva nun partido no que apenas gozaron de profundidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu na súa visita ao Albacete Balompié (1-0) na decimocuarta xornada de La Liga 1|2|3.

Despois dunha primeira metade con máis chegadas locais, especialmente pola banda defendida por Iriome, lateral dereito titular, que sofreu considerablemente. O Lugo gozou dunha ocasión ao comezo cun zurdazo alto de José Carlos Lazo, ademáis dalgunha leve opción en faltas indirectas botadas por Juan Muñiz.

Os albaceteños tiveron ocasións na segunda metade cun zurdazo de Santiago Gentiletti desviado por Juan Carlos Martín, un cabezazo liberado posterior de Roman Zozulya despois dun saque de esquina e un cabezazo de Jeremie Bela tras un centro de Eugeni Valderrama. Un gol de Jeremie Bela supuxo a vitoria albaceteña no minuto 84 despois dun pase filtrado de Eugeni Valderrama e un disparo seco e axustado ao primeiro pau do extremo francés. Os lucenses apenas gozaron de profundidade durante todo o partido.

O Club Deportivo Lugo é decimosétimo con 13 puntos.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...