InicioDeportesDetidos oito ultras implicados nunha pelexa antes dun partido de fútbol entre...

Detidos oito ultras implicados nunha pelexa antes dun partido de fútbol entre o CD Lugo e a SD Ponferradina

Con motivo da celebración do partido entre o C.D. Lugo e o S.D Ponferradina na cidade da muralla este domingo, reforzarase o dispositivo de seguridade elaborado para detectar e evitar altercados entre radicais. O evento deportivo foi declarado como de "alto risco".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a oito persoas nas provincias da Coruña (un), Lugo (tres) e León (catro) pola súa suposta participación nunha pelexa tumultuaria en Lugo antes dun partido de fútbol. Segundo informou este sábado corpo nacional, os feitos producíronse o pasado 2 de abril, coincidindo coa celebración do partido entre o CD Lugo e a SD Ponferradina, correspondente á xornada 34 da Segunda División da liga. Os arrestados pertencen aos grupos ultra radicais das Brigadas Lucenses e da Fronte Norte.

En concreto, horas antes do arranque do partido, produciuse un enfrontamento entre afeccionados de ambos os clubes, cunhas 40 persoas implicadas que se agrediron mutuamente propinándose patadas e puñadas. Ademais, a Policía sinala que se lanzaron botellas e mobiliario hostaleiro. A intervención dos axentes permitiu o control da situación e a identificación dos participantes.

As xestións practicadas con posterioridade puideron determinar a pertenza dos implicados na pelexa aos grupos ultras e violentos coñecidos como Brigadas Lucenses e Fronte Norte. A Policía Nacional sinala que estes grupos, de ideoloxía política contraria e historicamente enfrontados, utilizan habitualmente o escaparate do deporte como escusa para levar a cabo condutas violentas, co risco que iso implica para as persoas, os danos nos bens, e a alteración da orde pública.

Tras a posta a disposición xudicial dos detidos, decretáronse medidas cautelares de afastamento así como prohibición de entrada aos estadios de fútbol para todos eles. Na investigación, dirixida polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, participaron axentes da Comisaría Xeral de Información, as Brigadas Provinciais de Información de Lugo, A Coruña, Pontevedra e Madrid e a Brigada Local de Información de Ponferrada. A operación enmárcase dentro da estratexia de “tolerancia cero” que a Policía Nacional mantén contra a violencia no ámbito dos eventos deportivos.

REFORZO CON MOTIVO DO PARTIDO DESTE DOMINGO

Ademais, a Policía Nacional informou de que, con motivo da celebración do partido entre o C.D. Lugo e o S.D Ponferradina na cidade da muralla este domingo, reforzarase o dispositivo de seguridade elaborado para detectar e evitar altercados entre radicais. O evento deportivo foi declarado como de “alto risco”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...