InicioDeportesTarence Kinsey: "Vou xogar duro"

Tarence Kinsey: “Vou xogar duro”

O ex escolta dos Memphis Grizzlies e de Cleveland Cavaliers na NBA afirmou que está "preparado ao 100 %"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tarence Kinsey, xogador do Cafés Candelas Breogán, compareceu hoxe en rolda de prensa no Hospital Polusa trala renovación do acordo entre o club e a clínica por unha tempada máis.

Kinsey afirmou que “pouco a pouco” vaise “adaptando” e está preparado “para dar o 100%” como fixo “en tódolos equipos”, así como adiantou que xogará “duro”. Engadiu que Natxo Lezkano, adestrador do Breogán, non lle pide nada de xeito individual, senón que lles esixe a todos “un esforzo duro”.

O ex xogador da NBA e da Euroliga declarou que “o apoio da afección é tremendo”. “Voltamos á pista despois de rematar o partido e pasar por vestiarios. Estivemos cos nenos. Non o fan moitos clubes e deberían facelo”, comentou.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...