InicioDeportesEstrella Galicia patrocinará a un Club Baloncesto Breogán que comeza mañá a...

Estrella Galicia patrocinará a un Club Baloncesto Breogán que comeza mañá a pretempada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estrella Galicia patrocinará ao Club Baloncesto Breogán na vindeira tempada en Liga ACB e “a sua marca lucirá tanto no equipamento como na cancha”, segundo confirmou o club. Nova que chega un día despois de renovar o patrocinio con Cafés Candelas por cuarta tempada consecutiva.

José Villanueva, responsable de Fillos de Rivera, afirmou que “é un orgullo” para eles que a súa empresa se asocie cun equipo do que son “afeccionados números un”. Adintou que está convencido que vivirán “moitísimas alegrías na cancha” e sumaranse “con entusiasmo a todas as celebracións”. 

Por outra banda, o Breogán asinou acordos en Shenzhen (China) co equipo chinés Shenzhen Leopards. O club explicou as sinerxias: “Trátase dunha colaboración precedida de meses de reunións e propostas de acordos mediante a cal, ambos os equipos, atan lazos de unión no plano deportivo coa finalidade de dar a coñecer a súa marca máis aló da súa propio continente, todo iso posibilitará o desembarco en Lugo dos Shenzhen Leopards os días 12 e 13 de setembro para protagonizar un partido amigable contra o CB Breogán no Pazo dos Deportes e á súa vez, froito do acordo, o CB Breogán podería viaxar á cidade de Shenzhen na próxima postemporada para xogar contra ese mesmo equipo e continuar coas sinerxias xeradas ata o momento”.

Ademáis, o club afirmou que están preto de chegar aos 4500 abonados e, chegado ese intre, abrirán a lista de espera.

Por último, o equipo comeza mañá mércores 15 de agosto os adestramentos cunha “sesión físico-técnica” no Pazo dos Deportes ás 9:30 horas. Haberá sesión pola tarde a partir das 18 horas. O xoves adestrarán únicamente ás 10 horas con “sesión longa con carga física e traballo de pista”, o venres traballarán pola tarde e o sábado novamente pola mañá.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...